Tuesday 14 de May de 2024

Riveira acollerá un curso de verán sobre avances en criminoloxía e psicoloxía xurídica da man da Universidade de Santiago


Terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas do 12 ao 14 de xullo

O Centro Cultural Lustres Rivas vai servir de escenario entre os días 12 e 14 de xullo dun curso de verán sobre Avances en Criminoloxía e Psicoloxía Xurídica da man da Universidade de Santiago de Compostela

O curso, que contará coa colaboración do Concello de Riveira, o Grupo Lo Monaco, a Asociación Española de Psicoloxía Condutual e o Consello Xeral de Psicoloxía de España, estará conducido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía Clímina, criminólogo e director do Master Oficial en Psicoloxía Xurídica e Forense pola Universidade de Granada.

Contará cun total de 25 horas lectivas. Os interesados dispoñen ata o 30 de xuño para poder matricularse (importe: 120 euros, habendo unha taxa reducida de 70 euros aplicable a estudantes universitarios, socios da Asociación de Antigos Alumnos da USC, estudantes de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, e PDI e PAS da USC).

CENTROS DE MATRICULACIÓN E INFORMACIÓN:
Área de Cultura – Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfonos 881811018 e 881811103
Fax 881811208
E-mail: cursosdeveran@usc.es
Web: http://www.usc.es/cultura/veran

BOLSAS DE ALOXAMENTO:
Bolsas de aloxamento doConcello de Ribeira do 11 ao 15 (ambos os dous incluídos) de xullo na Casa da Xuventude (Avda. da Constitución s/n, 15960 Riveira).
As bolsas adxudicaranse por rigorosa orde de solicitude.
Solicitude de bolsa de aloxamento:
Correo electrónico: normalizacion@riveira.com
Teléfono: 981835650

PROGRAMA

Día 12

09:30 h
Inauguración do curso
Manuel Ruiz Rivas, Alcalde de Ribeira
Ramón Arce Fernández, Director do Curso
Gualberto Buela-Casal, Director do Curso
José Díaz Fernández, Secretario do Curso

10:00-11:00 h
“Avaliación e intervención en violencia de xénero”
Ramón Arce Fernández, Catedrático de Psicoloxía Xurídica, Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense.

11:30-12:45 h
“Avaliación da realidade (credibilidade) dos testemuños”
Ramón Arce Fernández, Catedrático de Psicoloxía Xurídica, Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense.

12:45-14:00 h
“A imputabilidade penal: que é e como se determina”
José Manuel Lorenzo Salgado, Catedrático de Dereito Penal da Universidade de Santiago de Compostela

16:00-17:00 h
“Axustiza terapéutica”
Francisca Fariña Rivera, Catedrática de Psicoloxía Xurídica, Universidade de Vigo e Presidenta da Asociación Iberomericana de Xustiza Terapéutica

17:00-18:00 h
“Avaliación Pericial Psicolóxica en procesos de separación e divorcio”
Francisca Fariña Rivera, Catedrática de Psicoloxía Xurídica, Universidade de Vigo e Presidenta da Asociación Iberomericana de Xustiza Terapéutica

18:30-20:30 h
“Trastornos do sono relacionadas coa imputabilidade penal”
Gualberto Buela-Casal, Catedrático de Psicoloxía Clínica, Criminólogo e Director do Master Oficial en Psicoloxía Xurídica e Forense, UGR

Día 13

10:00-11:00 h
“Perfil criminolóxico do incendiario forestal”
Andrés Sotoca Plaza, Capitán da Garda Civil, Xefe da Sección de Análise do Comportamento Delituoso da Policía Xudicial da Garda Civil. Ministerio do Interior

11:30-12:30 h
“Perfil criminolóxico do consumidor de pornografía infantil”
Andrés Sotoca Plaza, Capitán da Garda Civil, Xefe da Sección de Análise do Comportamento Delituoso da Policía Xudicial da Garda Civil. Ministerio do Interior

12:30-14:00 h
“Autopsias psicolóxicas en mortes e desaparicións de alto risco”
Andrés Sotoca Plaza, Capitán da Garda Civil, Xefe da Sección de Análise do Comportamento Delituoso da Policía Xudicial da Garda Civil. Ministerio do Interior

16:00-18:00 h
“Técnicas para a obtención e valoración de testemuños de implicados en delitos”
José Luis González Álvarez, Comandante da Garda Civil, Gabinete de Coordinación e Estudos da Secretaría de Estado de Seguridade. Ministerio do Interior

18:30-20:30 h
“Casos prácticos da aplicación de perfís criminais”
José Luis González Álvarez, Comandante da Garda Civil, Gabinete de Coordinación e Estudos da Secretaría de Estado de Seguridade. Ministerio do Interior

Día 14

10:00-11:00 h
“Determinantes da conduta antisocial infantoxuvenil”
Wenceslao Peñate Castro, Catedrático de Psicoloxía Clínica, Universidade de La Laguna

11:30-12:30 h
“Psicópatas: análise de casos”
Wenceslao Peñate Castro, Catedrático de Psicoloxía Clínica, Universidade de La Laguna

12:30-14:00 h
“Fundamentos da Xenética Forense: teoría e casos prácticos”
Blanca Arce Antón, bióloga especialista en Xenética Forense do Laboratorio de Criminalística da Garda Civil, Ministerio do Interior

16:00-18:00 h
“Psicopatía e Morte”
Francisco Santolaya Ochando, Presidente do Consello Xeral da Psicoloxía de España

18:00-20:00 h
“Delirio celotípico e morte por amor”
Francisco Santolaya Ochando, Presidente do Consello Xeral da Psicoloxía de España

20:00 h
Acto de clausura e entrega de diplomas